E tí de quen ves sendo?....
Hai que ver, hai que ver Redondela como ha prosperado.....
Así comeza a mítica canción popular, (obrigada en calquera xuntanza festeira de Redondela ), demostrando que no noso pobo sempre aparece a música como banda sonora .
Desde esta humilde páxina propómonos mostrar os proxectos musicais que están funcionando na actualidade en Redondela e arredores .
Así como recompilar e indagar na historia dos músicos e os grupos que funcionaron por aquí.
Temos que dicir que creemos son bos tempos para a música Redondelana, xa que nestes momentos e que nós saibamos están funcionando máis de quince grupos en Redondela e
arredores.
A documentación aquí publicada está sacada das páxinas webs e myspaces dos grupos tamen dos arquivos e documentación dos responsables desta páxina
que somos de xeracións diferentes, unidos pola música, así como en libros publicados sobre Redondela de diferentes autores.O que se pretende a traves deste soporte e ser un escaparate da música de
Redondela e da ir coñecendo a súa historia .
Dende aquí convidarvos a colaborar si tedes algunha información, e así vaia medrando o proxecto
POLO RIO ALVEDOSA BAIXABA UNHA GHAMELA CHEIÑA DE ROCKEIROS/AS TODOS/AS DE REDONDELA

Polo rio Alvedosa baixaba unha ghamela...

